COLABORADORES

CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA E A ASOCIACIÓN PURA RAZA CABALO GALEGO (APRG) PARA CONTINUAR COA EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS DESTINADAS Á POSTA EN VALOR DAS APTITUDES DO CABALO PRG EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS, DE EXPOSICIÓN E OCIO, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRICOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN 2023-2027

A Asociación Pura Raza Cabalo Galego é unha asociación profesional, sen ánimo de lucro, constituída no ano 1997, con ámbito de actuación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que dende hai anos mantén unha colaboración directa coa consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia en actividades vinculadas coa recuperación, fomento e difusión do cabalo de pura raza galega (PRG).

As acción en materia de recursos zooxenéticos planifícanse consonte as disposición do Regulamento (CE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da política agraria común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013e (UE) nº1307/2013, e xestiónanse de conformidad eco Real Decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervención do Plan Estratéxico e outras axudas da Política Agrícola Común.

As actividades de recuperación e conservación desta raza en todas as súas orientacións produtivas van a permitir consolidar os resultados obtidos ata o de agora. É necesario seguir traballando na súa conservación, polo que procede asinar un convenio entre a Consellería do Medio Rural e APRG, para manter as tarefas de preparación da raza para a súa adaptación e participación en actividades deportivas, de exposición e ocio, difundir ao público as características e calidades identificadoras da raza e estimulando o interese pola mesma entre o público en xeral, coa consecuente incidencia a nivel económico e social.

Este tipo de actuación están recollidas específicamente no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, que pretende fomentar o emprego dos recursos xenéticos autóctonos.

As persoas beneficiarias últimas das actuacións fianciadas con este convenio son os gandeiros da raza obxecto do mesmo.

O obxectivo deste convenio é establecer as condición para continuar coa execución das actuación destinadas á posta en valor das aptitudes do Cabalo PRG en actividades deportivas, de exposición e ocio por parte da Asociación Pura Raza Cabalo Galego (APRG) do ano 2023, encadradas dentro da medida 10.21 do Programa de Desnvolvemento Rural de Galicia para o período 2014-2020 e dar continuidade para a renovación dos compromisos adquiridos nunha continuidade temporal, imprescindible cando se traballa na recuperación das razas autóctonas.

Brindarlle a oportunidade aos comités organizadores de eventos ecuestres de Galicia  de poder contar coa presenza desta actividade, así coma difundir o Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia (CREAG), sito no Pazo de Quián, s/n – C.P. 15881 (www.cabalogalego.com), entre os gandeiros e colectivos relacionados co sector euqino interesados en coñecer a actividade desenvolvida no mesmo, previa reserva: Asociación pura raza cabalo galego (Tfno.- 629826728 – 981.51.19.22 secretaria@cabalogalego.com) Para máis información:  www.cabalogalego.com

Asociación Pura Raza Cabalo Galego
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.